Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 30 de novembro de 2015 Páx. 45080

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra

EDICTO (136/2015).

No presente procedemento ordinario número 298/14 seguido por instancia de Inturasa-Pérez Rumbao, S.A. fronte a Juan Borrajo Hernández ditouse a Sentenza 136/2015, do 15 de setembro de 2015, que en extracto dispón:

– Estimar integramente a demanda interposta por Inturasa-Pérez Rumbao, S.A. representada pola procuradora Sra. Rodríguez González.

– Condenar a Juan Borrajo Hernández a que aboe á entidade demandante a cantidade total de 9.980,11 euros, en concepto de principal, máis os xuros legais da devandita suma que se devindiquen desde a presentación da demanda reitora do presente procedemento e ata o completo pagamento da débeda, máis as custas do presente procedemento.

– Modo de impugnación: recurso de apelación que se interpoñerá ante este xulgado no prazo de vinte días, contados desde a publicación deste edicto, para o seu coñecemento e resolución pola Audiencia Provincial de Pontevedra, logo de consignación de 50 euros na forma establecida pola disposición adicional décimo quinta da LOPX.

E encontrándose o devandito demandado, Juan Borrajo Hernández, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 5 de novembro de 2015

A secretaria xudicial