Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 30 de novembro de 2015 Páx. 45081

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (18/2015).

Eu, Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 18/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sergio Lorenzo Bazarra contra a empresa Mutua Gallega, EPC Todo en Piedra, S.L., a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, o Instituto Nacional da Seguridade Social, sobre seguridade social, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Estimando a demanda formulada por Juan Carlos Montes Núñez Enrique fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Gallega, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a mercantil EPC Todo en Piedra, S.L., declaro o demandante en situación de incapacidade permanente total para a súa profesión habitual con dereito a obter prestacións no modo e forma que proceda regulamentariamente e condeno os demandados a estar e pasar por tal declaración e o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Mutua Gallega codemandadas ao seu aboamento na forma que regulamentariamente proceda e atendendo ás porcentaxes establecidas nesta resolución.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nun prazo de cinco días, conforme dispoñen os artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

Así o pronuncio, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma a EPC Todo en Piedra, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 5 de novembro de 2015

A secretaria xudicial