Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 27 de novembro de 2015 Páx. 44845

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (455/2012).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 455/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Iglesias López contra Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L., Hipescar, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución cuxa resolución expresa:

«Que, estimando integramente a demanda interposta por José Iglesias López, contra Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L., Hipescar, S.L. e o Fogasa, debo condenar e condeno solidariamente as mercantís demandadas a que lle aboen ao demandante a suma de 13.732,92 euros polos conceptos desagregados no feito probado sexto desta sentenza, máis os xuros por demora previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores respecto da devandita cantidade desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa deberá observarse o que resulte do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución, facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Hipescar S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2015

A secretaria xudicial