Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 25 de novembro de 2015 Páx. 44573

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (550/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 550/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Lavandeira Gómez contra Amor y Vázquez, S.L.U. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade-p. ordinario, ditouse sentenza, cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por José Manuel Lavandeira Gómez contra a entidade Amor y Vázquez, S.L.U. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Amor y Vázquez, S.L.U. a que aboe ao demandante a cantidade de 5.668,56 euros brutos, por salarios devindicados durante a súa relación laboral entre decembro de 2013 e o 15 de abril de 2014, ambos os dous inclusive, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Amor y Vázquez, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de novembro de 2015

A secretaria xudicial