Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 25 de novembro de 2015 Páx. 44574

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (145/2015).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 145/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pablo Lestón Lariño contra Monte Louro Pro Cons Servi, S.L., Fogasa Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Decreto 630/2015.

Secretaria xudicial: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2015.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Pablo Lestón Lariño presentou demanda de execución fronte a Monte Louro Pro Cons Servi, S.L., Fogasa Fondo de Garantía Salarial.

Segundo. Ditouse auto despachando execución o 16.6.2015 e posterior auto de extinción da relación laboral do 17.7.2015 que condena a executada a aboarlle ao executante os importes de 19.633,4 euros en concepto de principal (3.794,32 euros en concepto de indemnización + 15.839,08 euros en concepto de salarios de tramitación) máis outros 1.963,34 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros e custas que poidan derivar da execución, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Terceiro. Do embargo de contas bancarias trabado non se obtivo ningunha cantidade, e deuse a preceptiva audiencia ao executante e ao Fondo de Garantía Salarial.

Fundamentos de dereito.

Único. Dispoñen os artigos 250 e 276 da LXS que de non se ter coñecemento da existencia de bens suficientes do executado nos que facer traba e embargo se practicarán as pescudas procedentes, e de seren infrutuosas, total ou parcialmente, a secretaria xudicial da execución ditará decreto de insolvencia tras oír o Fondo de Garantía Salarial e a parte demandante.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar a executada Monte Louro Pro Cons Servi, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 19.633,4 euros en concepto de principal (3.794,32 euros en concepto de indemnización + 15.839,08 euros en concepto de salarios de tramitación) máis outros 1.963,34 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros e custas que poidan derivar da execución, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia perante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer perante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A. e deberá indicar no campo concepto, «recurso» seguida do código «31 social-revisión de resolucións secretario xudicial». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación «recurso» seguida do «31 social-revisión de resolucións secretario xudicial». Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial

Para que sirva de notificación en legal forma a Monte Louro Pro Cons Servi, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2015

A secretaria xudicial