Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 24 de novembro de 2015 Páx. 44437

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Val do Dubra (expediente IN407A 2015/012-1).

Expediente: IN407A 2015/012-1.

Promotora: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Instalación: enlace LMT NEG-807-LMT NEG-803.

Concello: Val do Dubra.

Feitos.

1. O 9 de xaneiro de 2015 o promotor solicitou a autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica indicada.

2. Características técnicas:

– LMT aérea enlace LMT NEG-807-LMT NEG-803 a 20 kV, cunha lonxitude de 1,933 km, con orixe no apoio existente s/n da LMT NEG-803, no tramo da derivada ao CT Cartexo (expediente 51.040), condutor tipo LA-56/54,6 mm2 e final no apoio nº 69-50 existente que se vai substituír por novo apoio da LMT NEG-807 no tramo da derivada ao CT Lale (expediente 52.774).

3. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante resolución publicada nos seguintes medios:

– Resolución de información pública: 3.2.2015.

– DOG: 4.3.2015.

– BOP: 20.2.2015.

– Xornal La Voz de Galicia: 3.7.2015.

– Taboleiro de anuncios do concello: do 8.4.2015 ao 2.5.2015.

Ao mesmo tempo realizáronse notificacións individuais aos titulares que figuran na relación de bens e dereitos afectados.

No certificado de exposición pública do concello indícase que non se formularon alegacións.

4. Durante o período en que se someteu ao trámite de información pública foron presentadas as seguintes alegacións:

Enrique Manuel Míguez Rodríguez, mediante escrito presentado no rexistro o 15 de abril de 2015, declara que os predios 17, 18, 19 e 41 non son da súa propiedade, senón da herdanza de Esteban Miguel dos Santos, sendo un dos herdeiros Manuel Miguel Cambón. Na mesma comunicación infórmase dun enderezo de notificación deste último.

Ángel Negreira Blanco en relación co predio nº 29, mediante escrito do 20 de abril de 2015, manifesta que a notificación remitida a Hros. Manuela Romero (26 herdeiros) debe ser remitida a Sagrario Negreira Cepeda. Na mesma comunicación infórmase dun enderezo de notificación desta última.

José Rodríguez Pereira e José Lodeiro Fernández, mediante escrito de rexistro de entrada do 18 de maio de 2015, manifestan que o titular do predio 36 é José Lodeiro Fernández. Na mesma comunicación infórmase dun enderezo de notificación deste último.

Destas alegacións déuselle traslado ao promotor que contestou:

– Escrito de rexistro do 5 de maio de 2015, no cal se valoran as alegacións presentadas por Enrique Manuel Míguez Rodríguez, que en síntese manifestan que en atención ao manifestado polo Sr. Míguez, se corrixe a titularidade das parcelas identificadas no proxecto cos números 17, 18, 19 e 41 a favor dos herdeiros de Esteban Miguel dos Santos, representados por Manuel Miguel Cambón. Tamén se solicita que lle sexa notificado o trámite de información pública aos novos propietarios.

– Escrito de rexistro do 11 de maio de 2015, no cal se valoran as alegacións presentadas por Ángel Negreira Blanco (predio 29), que en síntese manifestan que en atención ao manifestado polo Sr. Negreira, se corrixe o representante dos herdeiros de Manuela Romero, que pasa a ser Sagrario Negreira Cepeda. Tamén se solicita que lle sexa notificado o trámite de información pública, aos novos propietarios.

– Escrito de rexistro do 28 de maio de 2015, no cal se valoran as alegacións presentadas por José Rodríguez Pereira y José Lodeiro Fernández e no que en síntese manifesta que en atención ao manifestado polo Sr. Rodríguez, corríxese a titularidade da parcela identificada no proxecto co número 36 a favor de José Lodeiro Fernández. Tamén se solicita que lle sexa notificado o trámite de información pública aos novos propietarios.

5. Solicitouse o preceptivo informe aos seguintes organismos.

– Concello de Val do Dubra: consta informe favorable aceptado polo promotor.

– Augas de Galicia: consta informe favorable aceptado polo promotor.

– Telefónica: consta informe favorable aceptado polo promotor.

6. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas.

1. Lexislación de aplicación:

– Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 34, do 16 de febreiro).

– Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 194, do 9 de outubro).

– Decreto 110/2013, do 4 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica das Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 140, do 24 de xullo), modificado polo Decreto 116/2014, do 11 de setembro (DOG núm. 183, do 25 de setembro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

2. Na visita de campo realizada para examinar a localiación das instalacións, non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume indicadas no artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

3. En relación coas alegacións formuladas e coas manifestacións de Unión Fenosa Distribución, S.A. cómpre sinalar:

– En relación coas alegacións realizadas por Enrique Manuel Míguez Rodríguez, indicar que se notificou o trámite de información pública ao representante dos novos propietarios mediante escrito do 13 de maio de 2015.

– En relación coas alegacións realizadas por Ángel Negreira Blanco, indicar que se notificou o trámite de información pública á nova representante dos propietarios mediante escrito do 14 de maio de 2015.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados, e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar ante esta xefatura territorial unha solicitude que irá acompañada da seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipo e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do director da montaxe no cal se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas para a montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e ao medio.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación nos termos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 10, do 14 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 30 de outubro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña