Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 24 de novembro de 2015 Páx. 44436

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Cenlle (expediente IN407A 2015/74-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, nº 2, 32960 Velle.

Denominación: LMTS ao CS Bombeo Razamonde.

Situación: Cenlle.

Características técnicas:

LMT subterránea a 20 kV de 92 m con condutor RHZ1-12/20 kV 3 × 240 Al, con orixe no apoio existente na CAS801 entre as derivacións ao CT Razamonde1 (32A394) e CT Laias (32CA58) e remate no CS proxectado, bombeo Razamonde.

Orzamento: 19.522,74 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 29 de outubro de 2015

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense