Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Martes, 24 de novembro de 2015 Páx. 44443

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2015, da Dirección Xeral de Comercio, pola que se dispón a notificación da resolución do procedemento de expedición da certificación acreditativa da condición de tenda de conveniencia.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícaselle á persoa interesada que se relaciona no anexo a resolución ditada pola Dirección Xeral de Comercio no procedemento de expedición da certificación acreditativa da condición de tenda de conveniencia para os efectos do previsto no artigo 4.b) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación, nos termos establecidos nos artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, todo isto sen prexuízo de que o interesado poida exercer calquera outro recurso que considere procedente.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2015

Sol María Vázquez Abeal
Directora xeral de Comercio

ANEXO

Expediente de expedición de certificación acreditativa da condición de tenda de conveniencia.

Nome: Madhi Khani Assali.

CIF: 50243896-M.

Enderezo: rúa do Paxaro, 4, baixo (Ourense).

Resolución: denegatoria.

Precepto incumprido: imposibilidade de verificar o cumprimento do punto segundo da Instrución do 15 de novembro de 2011, da Dirección Xeral de Comercio, e o artigo 8.2 da Lei 13/2006, do 27 de decembro, de horarios comerciais de Galicia, modificada pola Lei 1/2013, do 13 de febreiro.