Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 23 de novembro de 2015 Páx. 44254

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (3276/2014-BC).

Número de recurso: RSU recurso de suplicación 3276/2014-BC

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 116/2011 Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso de suplicación 3276/2014 desta Sección, seguido por instancia de Julia María Piñeiro Mariño contra o Fogasa, Televisión de Galicia, S.A., Producción y Espectáculos de Galicia, S.L. sobre outros dereitos laborais, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos que estimando en parte o recurso de suplicación interposto pola representación procesual de Julia María Piñeiro Mariño contra a sentenza de autos, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, en proceso promovido pola recorrente fronte á empresa Televisión de Galicia, S.A., debemos revogar e revogamos en parte a resolución de instancia, declarando que a relación laboral da demandante é común como redactora (nivel I) e cunha antigüidade desde o 25 de outubro de 2007, con dereito a percibir o devindicado polo complemento de permanencia e desempeño desde esa data con desconto do período de interrupción producido desde o 30 de outubro de 2008 ao 23 de febreiro de 2009.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta Sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de 4 díxitos correspondentes ao número do recurso e 2 díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de 20 díxitos
0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Producción y Espectáculos de Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de outubro de 2015

A letrada da Administración de xustiza