Ana Belén Jorge Rogel, letrada da Administración de xustiza da Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña, fago saber que na peza de apelación que se dirá se ditou sentenza o 3 de xullo de 2015, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:
Peza: 12/15.
Procedemento de orixe: xuízo familia, custodia, alimentación fillo menor 1078/13.
Xulgado de procedencia: Primeira Instancia número 10 da Coruña.
Deliberación o día 1 de xullo de 2015.
A Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña pronunciou, en nome do rei, a seguinte:
Sentenza nº 247/15.
Maxistrados: Manuel Conde Núñez, Julio Tasende Calvo, Carlos Fuentes Candelas.
Na Coruña o tres de xullo de dous mil quince.
No recurso de apelación civil número 12/15, interposto contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 10 da Coruña, en xuízo de familia, custodia, alimentación fillo menor 1078/13, seguido entre partes, como apelante, Lucía Corporan Medrano, representada polo/a procurador/a Sr/a. Rodríguez Arroyo; como parte declarada en rebeldía, Daniel Morillo Martínez, e o Ministerio Fiscal. É relator Manuel Conde Núñez.
(Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos)
Decido que, desestimando o recurso de apelación, interposto pola representación procesual de Lucía Corporan Medrano contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 10 da Coruña, recaída nos autos número 1078/12, debemos confirmar e confirmamos en todos os seus aspectos a referida resolución, con imposición das custas de alzada á parte apelante.
Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.
E como consecuencia do ignorado paradoiro do 3 de novembro de 2015, expídese a presente para que sirva de cédula de notificación.
A Coruña, 3 de novembro de 2015
Letrada da Administración de xustiza