Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 23 de novembro de 2015 Páx. 44225

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Sanidade

ORDE do 16 de novembro de 2015 pola que se nomean os membros integrantes do Consello de Bioética de Galicia.

A Orde do 16 de outubro de 2015 pola que se regulan as funcións, a composición e o funcionamento do Consello de Bioética de Galicia, indica no seu artigo 3, relativo á súa composición, que este consello estará integrado por un máximo de vinte membros, que deberán dispor de titulación en Ciencias da Saúde, Humanidades ou Ciencias Xurídicas e Sociais. Polo menos a metade deles deberá ter formación en bioética.

Os membros do Consello de Bioética de Galicia serán nomeados e apartados pola persoa titular da consellería con competencias en materia de sanidade por un período de tres anos, prorrogables por outro período de igual duración. Tanto o nomeamento como o cesamento serán publicados no Diario Oficial de Galicia.

En consecuencia, no exercicio das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e de súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único

Proceder ao nomeamento dos membros integrantes do Consello de Bioética de Galicia, que queda composto da forma indicada no anexo.

Disposición derrogatoria

Queda derrogada a Orde do 8 de xaneiro de 2013 pola que se renovan os membros integrantes da Comisión Galega de Bioética, así como cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao establecido nesta orde.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2015

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO
Composición do Consello de Bioética de Galicia

Natalia Cal Purriños

Mariana García García

Victoria Lojo Vicente

María Ponte García

Mónica Suárez Berea

Rosendo Bugarín González

Antonio Rodríguez Núñez

Xurxo Hervada Vidal

José Antonio Seoane Rodríguez

Alberto Ruano Raviña

Carmen Ramil Fraga

Carmen Solloso Blanco

Ana Guillén Vilanova

Isabel Vila Iglesias

Alfredo Valdés Paredes

Silvia Sánchez Radio

Irene Esperón Rodríguez

Olivia Díez Lindín

Manuel Macía Cortiñas

Ana Concheiro Guisán