Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Luns, 23 de novembro de 2015 Páx. 44223

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 12 de novembro de 2015 pola que se nomean vogais do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento, en representación do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

De acordo co establecido no número 5 do artigo 11 do Decreto 326/2004, do 29 de decembro, polo que se regulan os órganos de coordinación e asesoramento en materia de cooperación para o desenvolvemento e polo que se crea o Rexistro de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento, modificado polo Decreto 90/2011, do 5 de maio de 2011, os vogais do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento serán nomeados e separados polo titular do departamento competente, logo da proposta das entidades con representación naquel, mediante orde publicada no Diario Oficial de Galicia, e desempeñarán os seus cargos por un período de catro anos.

Mediante a Orde do 10 de novembro de 2011 (DOG do 23 de novembro) nomeáronse como vogais do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento en representación do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade Teresa París Blanco, como vogal titular, e Pilar Gallego Cid, como vogal suplente.

Téndose producido unha renovación da Comisión Executiva do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, procede modificar a composición do Consello.

Polo tanto, vista a proposta de nomeamento formulada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e de acordo co disposto nos números 5 e 7 do artigo 11 do Decreto 326/2004, do 29 de decembro,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Separar como vogais do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento, en representación do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, a Teresa París Blanco, como vogal titular, e a Pilar Gallego Cid, como vogal suplente, agradecéndolles os servizos prestados.

2. Nomear como vogal titular do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento, en representación do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, a Juan Antonio González Pérez.

3. Nomear como vogal suplente do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento, en representación do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, a Andrea M. García Corzo.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2015

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza