En virtude da Orde do 15 de xuño de 2015 (DOG núm. 114, do 18 de xuño) convocouse proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1.
Con motivo da publicación no BOE núm. 236, do 2 de outubro de 2015, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Modificar o anexo I da Orde do 15 de xuño de 2015 en que se recolle o programa que rexerá as probas selectivas para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia (subgrupo C1), nos seguintes termos:
– O tema 4 da epígrafe «I. Dereito constitucional», pasa a ter a seguinte redacción:
4. A Administración xeral do Estado. A súa organización. Órganos superiores e órganos directivos. A Administración periférica do Estado. Os delegados do Goberno nas comunidades autónomas. Os subdelegados do goberno nas provincias. O sector público institucional estatal. As sociedades e fundacións. As corporacións de dereito público.
– Os temas 4, 8 e 10 da epígrafe «III. Dereito administrativo», pasan a ter a seguinte redacción:
4. Os dereitos das persoas na Lei do procedemento administrativo común das administracións públicas. Atención ao cidadá na Comunidade Autónoma de Galicia. A transparencia na actividade administrativa.
8. O procedemento administrativo: concepto e natureza. A Lei do procedemento administrativo común das administracións públicas: ámbito de aplicación. Garantías do procedemento.
10. Os recursos administrativos: concepto e clases. Requisitos xerais. Materia recorrible, lexitimación e órgano competente. Recurso de alzada, de reposición e de revisión.
Segundo. Esta orde pon fin á vía administrativa e contra ela os/as interesados/as poderán presentar recurso potestativo de reposición ante a/o conselleira/o competente en materia de función pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na LRX-PAC, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2015
Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda