Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 18 de novembro de 2015 Páx. 43566

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 12 de novembro de 2015 pola que se modifica a Orde do 15 de xuño de 2015 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia, subgrupo C2.

En virtude da Orde do 15 de xuño de 2015 (DOG núm. 114, do 18 de xuño) convocouse proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia, subgrupo C2.

Con motivo da publicación no BOE núm. 236, do 2 de outubro de 2015, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Modificar os temas 4, 12 e 16 do anexo I da Orde do 15 de xuño de 2015 no que se recolle o programa que rexerá as probas selectivas para o ingreso no corpo auxiliar da Xunta de Galicia (subgrupo C2), que pasan a ter a seguinte redacción:

4. A Administración xeral do Estado. A súa organización. Órganos superiores e órganos directivos. A Administración periférica do Estado. Os delegados do Goberno nas comunidades autónomas. Os subdelegados do goberno nas provincias. O sector público institucional estatal. As sociedades e as fundacións. As corporacións de dereito público.

12. Os dereitos das persoas na Lei do procedemento administrativo común das administracións públicas. Atención ao cidadá na Comunidade Autónoma de Galicia. A transparencia na actividade administrativa.

16. O procedemento administrativo: concepto e natureza. A Lei do procedemento administrativo común das administracións públicas: ámbito de aplicación. Garantías do procedemento.

Segundo. Esta orde pon fin á vía administrativa e contra ela os/as interesados/as poderán presentar recurso potestativo de reposición ante a/o conselleira/o competente en materia de función pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na LRX-PAC, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2015

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda