Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Mércores, 18 de novembro de 2015 Páx. 43570

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 12 de novembro de 2015 pola que se modifica a Orde do 15 de xuño de 2015 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1.

En virtude da Orde do 15 de xuño de 2015 (DOG núm. 114, do 18 de xuño) convocouse proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1.

Con motivo da publicación no BOE núm. 236, do 2 de outubro de 2015, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Modificar o anexo I da Orde do 15 de xuño de 2015 en que se recolle o programa que rexerá as probas selectivas para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (subgrupo A1), nos seguintes termos:

– Os temas 12 e 13 da epígrafe «I. Dereito constitucional», pasan a ter a seguinte redacción:

12. O sector público institucional estatal. Os organismos autónomos. As entidades públicas empresariais.

13. As sociedades mercantís estatais. As fundacións do sector público estatal. Os consorcios. Os fondos sen personalidade xurídica. As corporacións de dereito público. Os colexios profesionais e as cámaras de comercio, industria e navegación: regulación de ámbito estatal.

– Os temas 6, 15 e 17 da epígrafe «IV. Dereito administrativo, parte xeral», pasan a ter a seguinte redacción:

6. Os dereitos das persoas na Lei do procedemento administrativo común das administracións públicas.

15. O procedemento administrativo: concepto e natureza. A Lei do procedemento administrativo común das administracións públicas: ámbito de aplicación. Garantías do procedemento.

17. Os recursos administrativos: concepto e clases. Requisitos xerais. Materia recorrible, lexitimación e órgano competente. Recurso de alzada, de reposición e de revisión.

Segundo. Esta orde pon fin á vía administrativa e contra ela os/as interesados/as poderán presentar recurso potestativo de reposición ante a/o conselleira/o competente en materia de función pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na LRX-PAC, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2015

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda