Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 16 de novembro de 2015 Páx. 43268

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Vilalba (expediente IN407A 2015/67-2, 8261 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Revolta, SAT e San Martiño, SAT.

Domicilio social: A Casanova-Noche-Vilalba.

Denominación: LMTS, CTI e RBTA para subministración eléctrica a explotacións gandeiras.

Situación: concello de Vilalba.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión subterránea a 20 kV con orixe no apoio en que se sitúa o actual CTI A Casanova (12255) e final no CT proxectado, cunha lonxitude de 862 metros en condutor RHZ1-150 mm.

2. Centro de transformación intemperie proxectado sobre apoio de celosía, cunha potencia proxectada de 160 kVA e unha potencia inicial de 100 kVA, relación de transformación 20.000/400-230 V.

3. Rede de baixa tensión aérea formada por dous circuítos, con orixe no centro de transformación proxectado e final nas CXP dos solicitantes.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310) do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Esta xefatura territorial resolve, de acordo coas competencias atribuídas no Decreto 129/2015, do 8 de outubro, e no 110/2013, do 4 de xullo (modificado polo Decreto 116/2014, do 11 de setembro) polos que se establece a estrutura orgánica da consellería, e no Decreto 36/2001, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se xulgue pertinente.

Lugo, 13 de outubro de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo