Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Luns, 16 de novembro de 2015 Páx. 43267

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2015, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.A. 196/2015, interposto por Rocío González Ocampo.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra decreto polo que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.A. 196/2015, interposto por Rocío González Ocampo, contra a Resolución do 13 de abril de 2015, da Consellería de Facenda, pola que se desestima o recurso de alzada formulado contra a Resolución do 13 de novembro de 2014, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración da Xunta de Galicia (subgrupo A1), escala de arquitectos/as, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Pontevedra no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2015

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública