Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 13 de novembro de 2015 Páx. 43076

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 22 de setembro de 2015, da Dirección Xeral de Xustiza, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada 43/15 interposto contra a Resolución da directora do Imelga do 6 de agosto de 2015.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, tras intentar a notificación sin que se puidese practicar, notifícaselle mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado á interesada, María Teresa Dopico Ríos, funcionaria do corpo de médicos forenses con destino na Subdirección Territorial do Imelga da Coruña, que o 28 de agosto de 2015 o director xeral de Xustiza adoptou desestimar o recurso de alzada presentado con data do 25 de agosto contra a Resolución da directora do Imelga do 6 de agosto pola que se lle denega a solicitude de exención do servizo de garda.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Dado que este acto non se publica na súa integridade, de conformidade co previsto nos artigos 60.2 e 61 da LRX-PAC, o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase á disposición, xunto co resto da documentación do expediente na sede da Dirección Xeral de Xustiza, na praza de Europa, 5 A, 4º, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado competente, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2015

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza