Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 13 de novembro de 2015 Páx. 43077

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se concede autorización a Indrops Laboratorio de Análisis y Calidad Medioambiental, S.L. para actuar como organismo de control.

Examinada a solicitude de autorización presentada por Miguel A. González Castromil, como representante legal de Indrops Laboratorio de Análisis y Calidad Medioambiental, S.L., con NIF B70318589, con sede en Vía Marconi, 33, 15890 (Santiago de Compostela), para actuar como organismo de control, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental ten en consideración os seguintes

Feitos:

Primeiro. Indrops Laboratorio de Análisis y Calidad Medioambiental, S.L. foi acreditada por Enac (entidade nacional de acreditación), para as actividades de ensaios no sector ambiental, segundo os criterios recollidos na norma UNE-EN ISO/IEC 17025: 2005, tal e como consta no certificado de acreditación nº 658/LE1987, do 12.6.2015 (anexo técnico revisión 5) con vixencia ata notificación en contra.

Segundo. Con data do 30 de setembro de 2015, Miguel A. González Castromil, como representante legal de Indrops Laboratorio de Análisis y Calidad Medioambiental, S.L., presentou escrito en que solicitaba, ao abeiro do Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de infraestruturas de calidade e seguridade industrial, que se lle conceda a autorización para actuar como organismo de control nos ámbitos regulamentarios solicitados. Para tal efecto, xuntaba a documentación exixida no artigo 43.3 do citado real decreto.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Esta secretaría xeral é competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia (BOE nº 101, do 28 de abril), nos reais decretos 1634/1980, do 31 de xullo (BOE nº 191, do 9 de agosto), e 2536/1982, do 24 de xullo (BOE nº 246, do 14 de outubro; DOG nº 30, do 4 de decembro), nos decretos 6/1982, do 29 de xaneiro (DOG nº 2, do 12 de febreiro), e 132/1982, do 4 de novembro (DOG nº 30, do 4 de decembro), e do Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, en relación coa Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria (BOE do 23 de xullo) e o Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro (BOE do 6 de febreiro de 1996), polo que se aproba o Regulamento da infraestrutura para a calidade e a seguridade industrial, e demais lexislación concordante.

Segundo. Na tramitación deste expediente cumpríronse todos os requisitos regulamentarios.

Terceiro. A documentación presentada por Indrops Laboratorio de Análisis y Calidad Medioambiental, S.L. acredita que a empresa cumpre coas exixencias xerais establecidas no artigo 43.3 do Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, para a súa actuación nos ámbitos regulamentarios solicitados.

A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, de acordo con todo o que antecede, e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1. Autorizar a Indrops Laboratorio de Análisis y Calidad Medioambiental, S.L., para actuar como organismo de control para as actividades de:

– Ensaios no sector ambiental para:

• Augas continentais, augas residuais (lixiviados, augas rexeneradas e augas depuradas) e augas mariñas.

2. Esta autorización ten un período de vixencia ata notificación en contra, e pode ser suspendida ou revogada, ademais de nos casos recollidos na lexislación vixente, cando o sexan as citadas acreditacións de Enac.

3. Indrops Laboratorio de Análisis y Calidad Medioambiental, S.L. queda autorizada para actuar en todo o territorio do Estado, nos ámbitos regulamentarios e período de vixencia establecidos nos ordinais primeiro e segundo, respectivamente. Deberá en calquera caso, no inicio da súa actividade, notificar á Administración competente da Comunidade Autónoma distinta da que o autorizou.

4. Esta autorización queda supeditada ás seguintes condicións:

1. Comunicar á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, o día seguinte ao de producirse, calquera modificación das condicións ou requisitos que deron lugar a esta autorización e xuntar, se é o caso, informe ou certificado da entidade nacional de acreditación (Enac).

2. Cumprir o establecido, con carácter xeral, na Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria, e no Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, no que sexa de aplicación.

3. Nas súas actuacións na Comunidade Autónoma de Galicia, cumprir os requisitos suplementarios que no seu día poida establecer a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, no prazo dun mes contado desde a data da súa notificación, de conformidade co artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental