Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 13 de novembro de 2015 Páx. 43080

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública o expediente para a modificación do couto de pesca lagoa Mina Mercedes V no concello de Valga.

Segundo o disposto no artigo 15.3 do Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (DOG núm. 106, do 4 de xuño), a Xefatura Territorial de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio de Pontevedra somete a información pública o expediente para a modificación do couto de pesca lagoa Mina Mercedes V, no concello de Valga, durante un prazo de 15 días.

O expediente está á disposición de todos aqueles que poidan ter interese nel na Xefatura Territorial de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Servizo de Conservación da Natureza, na avenida Fernández Ladreda, nº 43, 2º, 36003 Pontevedra.

Pontevedra, 21 de outubro de 2015

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra