Segundo o disposto no artigo 15.3 do Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (DOG núm. 106, do 4 de xuño) a Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio de Pontevedra somete a información pública o expediente para a creación do couto de pesca de Carboeiro, no río Deza, e a modificación do límite superior do couto de pesca de Santeles no río Ulla, durante un prazo de quince (15) días.
O expediente está á disposición de todos aqueles que poidan ter interese nel na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Servizo de Conservación da Natureza, na avenida Fernández Ladreda, nº 43, 2º, 36003 Pontevedra, ou na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (http://www.cmati.xunta.es/) na parte de pesca fluvial.
Pontevedra, 29 de outubro de 2015
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra