Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Venres, 13 de novembro de 2015 Páx. 43075

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (148/2015).

Eu, Alberto López Luengo, secretario xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 148/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Freiria Lorenzo e José Luis Lores Portela contra Tipstone, S.L., sobre ordinario, ditouse a resolución en cuxa parte dispositiva se acorda:

a) Declarar o executado Tipstone, S.L. en situación de insolvencia por importe de 20.317,29 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Firme, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

E para que sirva de notificación en legal forma a Tipstone, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 26 de outubro de 2015

O secretario xudicial