Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 11 de novembro de 2015 Páx. 42821

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (335/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 335/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Óscar García Mallo, María del Mar Caamaño Cambon contra Isidis 2000, S.L. e outros, sobre reclamación de cantidade procedemento ordinario, se ditou a seguinte resolución:

– Ter por desistido a Óscar García Mallo, María del Mar Caamaño Cambon da súa demanda fronte a Isidis 2000, S.L.

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos, deixando certificación deste no procedemento da súa razón.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Isidis 2000, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de outubro de 2015

A secretaria xudicial