Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 11 de novembro de 2015 Páx. 42822

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (169/2015).

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

PO. procedemento ordinario 169/2015

Procedemento orixe:

Sobre ordinario

Demandante: Maximino Barreiro Cota

Demandados: TOR 0412, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa)

Eu, Alberto López Luengo, secretario xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 169/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Maximino Barreiro Cota contra a empresa TOR 0412, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza, cuxa parte dispositiva se xunta:

Que estimo a demanda interposta por Maximino Barreiro Cota contra a empresa TOR 0412, S.L., e condeno a demandada a que lle aboe ao demandante a cantidade de 1.439,84 euros, co 10 % de xuro por mora ex artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET) sobre as cantidades de natureza salarial.

Contra a presente resolución cabe interpor recurso, artigo 191.2.g) da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS).

Para que sirva de notificación en legal forma a TOR 0412, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 21 de outubro de 2015

O secretario xudicial