Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 11 de novembro de 2015 Páx. 42819

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Betanzos

EDICTO (1073/2010).

Nos autos de ordinario número 1073/2010, seguidos por instancia do procurador Manuel J. Pedreira, en nome e representación de Rodrigo Díaz Gómez, contra Mª Manuela Gómez Alen, ditouse, con data do 12.3.2014, sentenza, e con data do 2.4.2014, auto de aclaración, que conteñen o encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

Sentenza 23/2014

Betanzos o 12 de marzo de 2014.

Vistos por min, María Piñeiro Garabana, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 dos desta localidade, estes autos de xuízo ordinario sobre declarativa de dominio e usucapión, seguidos perante este xulgado baixo o número 1073/2010 por instancia de Rodrigo Díaz Gómez, representado polo procurador dos tribunais Manuel J. Pedreira e defendido polo letrado Felipe Romay Roldán, contra María Manuela Gómez Alen, en situación procesual de rebeldía, dito a presente resolución:

Resolvo que, estimando integramente a demanda interposta por Rodrigo Díaz Gómez, representado polo procurador dos tribunais Manuel J. Pedreira e defendido polo letrado Felipe Romay Roldán, contra María Manuela Gómez Alen, en situación procesual de rebeldía, debo declarar e declaro que Rodrigo Díaz Gómez e a súa dona, Sol Regueiro Cacheiro, adquiriron con carácter ganancial por prescrición adquisitiva extraordinaria o dominio do predio seguinte:

Concello de Oza dos Ríos-parroquia de San Pedro de Oza.

1º. Labradío ao sitio coñecido por Lois da superficie de dez áreas e setenta e nove centiáreas. Estrema, ao norte, herdeiros de Manuel Gómez Sordo; sur, Lourdes Vilar Raposo; leste, estrada e oeste, Rogelio Saavedra Carro.

Respecto ás custas, non procede ningunha condena de acordo co especificado no ordinal terceiro da fundamentación xurídica.

Notifíqueselles a anterior resolución ás partes e fágaselles saber que esta é susceptible de recurso de apelación, que se deberá interpor nun prazo de vinte días ante este mesmo xulgado.

A secretaria xudicial