Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 11 de novembro de 2015 Páx. 42818

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Terceira)

EDICTO (469/2013).

Eu, Manuel Rubido de la Torre, secretario xudicial, por este edicto fago constar que nesta sección terceira da Audiencia Provincial de Pontevedra se tramita recurso de apelación (LACN) 469/2013 (dimanante do procedemento ordinario nº 200/2011 do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Porriño), sendo apelantes a Comunidade de Propietarios Ponte do Valo, José Ángel Vilariño Nogueira, Caser Caja de Seguros Reunidos, S.A. e Gumersindo Vázquez Gómez, e apeladas as entidades Konstrunorest, S.L. e Promociones Rajapro, nos cales, con data do 31 de xullo de 2015, se ditou sentenza cuxo texto íntegro se encontra na oficina xudicial desta sección terceira sita en Pontevedra, na rúa Rosalía de Castro, nº 5-2, á disposición das partes.

Para que conste y lles sirva de notificación ás partes en rebeldía, Konstrunorest, S.L. e Promociones Rajapro, en ignorado paradoiro, expido este edicto.

Pontevedra, 8 de outubro de 2015

O secretario xudicial