Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 9 de novembro de 2015 Páx. 42608

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo

EDICTO (802/2014).

Eu, Pilar Sández González, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo, fago saber que, en virtude do acordado no procedemento ordinario 802/2014, por este edicto se lles notifica aos demandados Xosé Alberto Castro Salgado e New Vessel Services, S.L. a sentenza ditada neste procedemento, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza:

En Vigo o 16 de setembro de 2015.

Vistos por min, Mª Belén Martínez Pato, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Vigo, os autos de xuízo ordinario 802/2014 promovidos pola entidade Volkswagen Finance, S.A., E.F.C., representada pola procuradora dos tribunais Marta Suárez Hermo e asistida polo letrado Francisco José Pérez Ares, contra a entidade New Vessel Services, S.L. e contra José Alberto Castro Salgado, ambos en rebeldía procesual, autos dos que resultan os seguintes.

Resolvo:

Que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta pola entidade Volkswagen Finance, S.A., E.F.C., representada pola procuradora dos tribunais Marta Suárez Hermo, contra a entidade New Vessel Services, S.L. e contra José Alberto Castro Salgado, ambos en rebeldía procesual, e, en consecuencia, condeno os citados demandados a satisfacerlle á demandante a cantidade de corenta e dous mil setecentos setenta e catro euros con trinta y un céntimos (42.774,31 euros) máis os xuros de demora pactados ao 2 % mensual desde a interpelación xudicial e, así mesmo, con imposición das custas.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe interpoñer, no prazo de vinte días, recurso de apelación ante este xulgado, do cal coñecerá, de ser o caso, a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Así, por esta miña sentenza, xulgando definitivamente nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Vigo, 9 de outubro de 2015

A secretaria xudicial