Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 9 de novembro de 2015 Páx. 42606

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (1483/2014).

DCT divorcio contencioso 1483/2014

Sobre divorcio contencioso

Demandante: Víctor Manuel Álvarez Romero

Procurador: Raniero Fernández Pérez

Avogado: Rafael Moreda García

Demandada: Ana Paula Bezerra

Cristina Cao Sánchez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, polo presente anuncio:

No presente procedemento de divorcio seguido por instancia de Víctor Manuel Álvarez Romero fronte a Ana Paula Bezerra ditouse sentenza, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

Decido que, estimando integramente a demanda de divorcio interposta polo procurador Sr. Fernández Pérez, en nome e representación de Víctor Manuel Álvarez Romero asistido do letrado Sr. Moreda García, fronte a Ana Paula Bezerra, maior de idade, sinalada en autos declarada en rebeldía procesual e sen intervención do Ministerio Fiscal ao non concorreren fillos menores de idade ou incapaces no citado matrimonio, debo decretar e decreto o divorcio do matrimonio contraído por ambos os dous litigantes o día 11 de novembro de 2006 en Brión inscrito no tomo 26, páxina 116, sección 2ª D, do Rexistro Civil desa localidade, por concorrer a causa prevista no artigo 86.1 do Código civil, transcorridos máis de tres meses de matrimonio.

Firme que sexa a presente resolución, remítanse os oportunos oficios para as procedentes anotacións rexistrais.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e fronte a ela cabe interpoñer recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (artigos 458 e 776 da Lei de axuizamento civil), logo de consignación de depósito previsto na disposición adicional décimo quinta da LOPX.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial.

Publicación: lida e publicada a anterior resolución en audiencia pública polo xuíz que a ditou no día da data, dou fe.

E encontrándose a devandita demandada Ana Paula Bezerra, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2015

A secretaria xudicial