Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 6 de novembro de 2015 Páx. 42444

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2150/2015).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 2150/2015

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 11/2015 Xulgado do Social número 2 de Ferrol

Recorrente: Fogasa

Avogado: Fogasa

Recorrida: María Ángeles Fernández López

Avogado: Antonio Grandal Pita

Recorrida: Buma Galicia, S.L.

Casación en unificación de doutrina: 360/2015

Recorrente: Fondo de Garantía Salarial

María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fai saber que no procedemento recurso de suplicación 2150/2015 desta sección, seguidos por instancia do Fondo de Garantía Salarial contra a empresa Buma Galicia, S.L. e María Ángeles Fernández López, sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación. María Isabel Freire Corzo. Na Coruña o 14 de outubro de 2015. O anterior escrito subscrito polo avogado do Estado, en nome e representación do Fondo de Garantía Salarial, únese ao recurso da súa razón. Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala e emprácense as demais partes para que comparezan por escrito de letrado, perante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, achegando copias do dito escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da dita sala, e deberán acreditar a representación da parte de non constar previamente nas actuacións. Verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal. A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións. Comuníqueselle ao Xulgado do Social número 2 de Ferrol que contra a resolución desta sala recorreuse en casación para unificación de doutrina. Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que contra a presente resolución non cabe ningún recurso. Acórdoo e asínoo. Dou fe. Letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Buma Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de outubro de 2015

Letrada da Administración de xustiza