Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 6 de novembro de 2015 Páx. 42446

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1952/2014).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 1952/2014

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 401/2012 Xulgado do Social número 1 de Pontevedra

Recorrentes: María Pilar Redondo Peña, Tatiana Paula Estévez Pérez, Sonia Villadeamigo Lago

Graduado social: María Begoña García Suárez

Recorridos: Servizo Público de Emprego Estatal, Estación de Servicios Viropar, S.L.

Estación de Servicio Viropar, S.L.

Avogado: Servizo Público de Emprego Estatal

María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 1952/2014, seguido por instancia de María Pilar Redondo Peña, Tatiana Paula Estévez Pérez, Sonia Villadeamigo Lago contra a empresa Servizo Público de Emprego Estatal e Estación de Servicio Viropar, S.L., sobre reintegro de prestacións, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos: desestimando o recurso de suplicación interposto por María del Pilar Redondo Peña, Sonia Villadeamigo Lago e Tatiana Paula Estévez Pérez contra a Sentenza do 2 de xaneiro de 2014 do Xulgado do Social número 1 de Pontevedra, ditada en xuízo seguido por instancia das recorrentes contra o Servizo Público de Emprego Estatal e Estación de Servicio Viropar, S.L., a Sala confírmaa integramente.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Estación de Servicio Viropar, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de outubro de 2015

A letrada da Administración de xustiza