Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Venres, 6 de novembro de 2015 Páx. 42442

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5094/2014).

Número de recurso: RSU. Recurso de suplicación 5094/2014-CRS

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 1295/2013. Xulgado do Social número 2 de Vigo

Recorrente: Raquel Fernández Pereira

Avogada: Rosa María Tarrago Nesta

Procurador/a: CIG

Recorrida: Eurotur Promociones y Publicidad, S.L.

Avogado: Diego Capón Sánchez

Procurador: Xulio López Valcárcel

Recorrido: Fogasa

Recorrido: Viajes Miño España, S.L.

Eu, Mª Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5094/2014 desta sección, seguido por instancia de Raquel Fernández Pereira contra Eurotur Promociones y Publicidad, S.L., Fogasa e Viajes Miño España, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual de Raquel Fernández Pereira contra a Sentenza do 16 de xuño de 2014, ditada polo Xulgado do Social número 2 dos de Vigo, en proceso sobre salarios, promovido pola recorrente contra a empresa Viajes Miño España, S.L., e outra, debemos confirmar e confirmamos a sentenza impugnada.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguida de 4 díxitos correspondentes ao número do recurso e 2 díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de 20 díxitos
0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo Observacións ou Concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez que sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Viajes Miño España, S.L., con último domicilio coñecido na rúa Casal Aboy, 1, baixo, Tui (Pontevedra), expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de outubro de 2015

Letrada da Administración de xustiza