Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 5 de novembro de 2015 Páx. 42407

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 28 de setembro de 2015, da Xerencia Municipal de Urbanismo, de aprobación definitiva do estudo de detalle do reaxuste da aliñación de parcela na avenida Atlántida número 107-109-111 (expediente 14705/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión ordinaria do día 8 de setembro de 2015, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle do reaxuste da aliñación de parcela na avda. Atlántida nº 107 ao 111, promovido pola mercantil Vicus Vivenda, S.L. e redactado polo arquitecto José Antonio Comesaña García, con visado colexial do 1.9.2014, de acordo cos informes técnicos que constan no expediente.

Segundo. Comunicar o presente acordo á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e darlle traslado de copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que o integran debidamente dilixenciados nos termos exixidos no artigo 92 da LOUG.

Terceiro. Publicar este acordo no DOG no prazo previsto no artigo 92 da LOUG, facer constar a data de remisión do instrumento á consellería competente en materia de ordenación do territorio e urbanismo e publicar os documentos que contivesen, de ser o caso, a normativa no BOP.

Cuarto. Publicar este acordo xunto co instrumento definitivamente aprobado na web municipal.

Quinto. Notificar o presente acordo ás oficinas municipais competentes en materia de licenzas, medio ambiente e parques e xardíns, para o seu coñecemento e efectos oportunos.

Sexto. Notificarlles o presente acordo aos interesados, coa indicación de que pon fin á vía administrativa e contra el cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante os órganos da xurisdición contencioso-administrativa competentes, no prazo de dous meses contados a partir do seguinte ao da súa publicación, de conformidade co previsto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de calquera outro que se considere pertinente.

Mediante o presente anuncio faise constar que a documentación sobre a que se ditou o acordo de aprobación definitiva foi remitida, por oficio do 28 de setembro de 2015, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, ao abeiro do establecido no artigo 92.3 da LOUG.

Vigo, 28 de setembro de 2015

P.D. (Resolución do 6.7.2015)
Mª José Caride Estévez
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo