Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 5 de novembro de 2015 Páx. 42406

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por María del Carmen Murias Taboada.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 da Coruña tramítase o recurso 294/2015 (procedemento abreviado), interposto por María del Carmen Murias Taboada, contra a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, de data 23 de xuño de 2015, notificada o 3 de xullo, pola que se acorda estimar parcialmente o recurso de reposición interposto por Carlos Maiz Cal fronte á Resolución definitiva do concurso de traslados, convocado polo Servizo Galego de Saúde en data 21 de xaneiro de 2014, para a provisión de diversas prazas básicas de persoal licenciado sanitario (categoría: pediatra de atención primaria).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no xulgado no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2015

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos