Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 5 de novembro de 2015 Páx. 42409

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da contratación, por procedemento aberto, da execución das obras do proxecto de alargamento do estreito de Pividal, na avenida de Santa Mariña.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Fomento. c) Obtención de documentación e información: Servizo de Contratación do concello de Vigo; praza do Rei, s/n, 36202 Vigo. Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06. Correo electrónico: contratacion@vigo.org. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.vigo.org. Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións. d) Número de expediente: 3470-440.

2. Obxecto do contrato: a) Tipo: obras. b) Descrición: obras do proxecto de alargamento do estreito de Pividal, na avenida de Santa Mariña. c) División por lotes e número de lotes: non. d) Lugar de execución: Concello de Vigo. e) Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: a) Importe total: 102.177,87 euros (IVE incluído). b) Financiado con fondos europeos: non.

5. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe do contrato, excluído o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista: a) Clasificación: non se exixe. b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a exixida no número 6) da folla de especificacións do contrato (FEC).

7. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo rematará o décimo terceiro (13º) día seguinte ao de publicación deste anuncio no BOP e no DOG. b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo; praza do Rei, s/n, 36202 Vigo. c) Admisión de melloras: non. d) Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

8. Apertura de ofertas: a) Enderezo: Casa do Concello de Vigo; praza do Rei, s/n, 36202 Vigo. b) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo (www.vigo.org).

9. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 1.000 euros.

Vigo, 27 de outubro de 2015

P.D. (Decreto do 19.6.2015 e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación