Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 5 de novembro de 2015 Páx. 42393

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 24 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2015028AL-OU incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 31 de agosto de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense ditou resolución do expediente sancionador 2015028AL-OU, incoado a Eco Máis por Menos, S.L.; CIF (B-32397119), como titular do establecemento Supermercados Covirán sito, na avenida de Zamora, nº 136, de Ourense.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Eco Máis por Menos, S.L.; CIF (B-32397119), o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpor recurso de alzada, ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avenida de Zamora, nº 13, de Ourense, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade co contido desta resolución, o pagamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte. Todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de Abanca; en BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, ou en Banco Santander, empregando os impresos normalizados que se facilitarán nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario poñerá fin ao expediente; de non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía executiva.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, a eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Ourense, 24 de setembro de 2015

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador: 2015028AL-OU.

Interesada: Eco Máis por Menos, S.L.

DNI/NIF/CIF: B-32397119.

Último enderezo coñecido: avenida de Zamora, 136 (Ourense).

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: Rgto. (CE) nº 852/2004, do 29 de abril.

Tipificación: leve.

Sanción proposta: novecentos euros (900,00 €).