Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 5 de novembro de 2015 Páx. 42395

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 13 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2015215TA-PO, por infracción en materia sanitaria.

Con data do 17 de setembro de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou resolución do expediente sancionador 2015215TA-PO, incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra Jorge Alonso de la Fuente, con DNI 35999282G.

Tras intentar a notificación desta resolución consonte o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non puido practicarse, polo que mediante esta cédula notifícaselle a Jorge Alonso de la Fuente o contido da dita resolución, que figura no anexo, segundo o disposto no número 5 do referido artigo, para que teña coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para presentar recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda, 43, 1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

De acordo co establecido no artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, o prazo de ingreso en período voluntario realizarase: 1) se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte, e 2) se a notificación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou o inmediato hábil seguinte, todo iso mediante ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de ABANCA, do BBVA transacción 1316 NIF S1511001H, Santander ou http://www.cixtec.es/conselleria, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 13 de outubro de 2015

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: 2015215TA-PO.

Denunciado: Jorge Alonso de la Fuente, con DNI 35999282G.

Último enderezo coñecido: rúa Piquetas, nº 13 B, Mañufe, 36388 Gondomar (Pontevedra).

Feito imputado: infracción do previsto na Lei 28/2005, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Preceptos infrinxidos:

– Artigo 7: «Prohíbese fumar, ..., en: u) Bares, restaurantes e demais establecementos de restauración cerrados».

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 19.2.a) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Sanción imposta: trinta euros (30 €).