Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 5 de novembro de 2015 Páx. 42392

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Narón (expediente IN407A 2015/261-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Cándido Hermida Nuevos Materiales, S.L.

Domicilio social: rúa Panadeiros, parcela F-12, polígono industrial Río do Pozo, 15570 Narón.

Denominación: LMTS, CS e CT de 630 kVA.

Situación: rúa Panadeiros, parcela F-12, polígono industrial Río do Pozo, 15570 Narón.

Características técnicas: liña de media tensión soterrada, frecuencia: 50 Hz, tensión 15 kV, de 63 m de lonxitude, condutor RHZ1-Al-2OL 3×(1×240).

Centro de secionamento. CT: cela de liña, cela de protección, e transformador de 630 kVA, 15 kV/420 V, refrixeración natural.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións neste xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ao da publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 23 de outubro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña