Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 4 de novembro de 2015 Páx. 42207

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra

EDICTO (45/2015).

No presente Rolo Civil número 45/2015, dimanante do procedemento ordinario número 867/2013 do Xulgado de Primera Instancia número 5 de Pontevedra, seguido por instancia de Amanda de Jesús Collazos Narváez, fronte a Neptali Encizo Ramírez, ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Maxistrados: Francisco Javier Menéndez Estébanez, Manuel Almenar Belenguer e María Begoña Rodríguez González.

A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, constituída polos maxistrados expresados con anterioridade, ditou.

En nome do Rei.

A seguinte:

Sentenza número 60.

Pontevedra, 16 de febreiro de 2015.

Visto o recurso de apelación interposto contra a sentenza pronunciada no xuízo ordinario sobre privación de patria potestade seguido co número 867/2013 ante o Xulgado de Primera Instancia número 5 de Pontevedra, sendo apelantes tanto a demandante Amanda de Jesús Collazos Narváez, representada pola procuradora Sra. Cochón Castro e asistida polo letrado Sr. Cao Arguello, como o Ministerio Fiscal, e apelados, respecto do primeiro recurso, o demandado Neptali Encizo Ramírez, declarado en rebeldía, e o Minsterio Fiscal, e respecto do segundo recurso, a demandante Amanda de Jesús Collazos Narváez, representada pola procuradora Sra. Cochón Castro e asistida polo letrado Sr. Cao Arguello, e o Ministerio Fiscal. É relator o maxistrado Manuel Almenar Belenguer. Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos.

A sala decide que debemos desestimar e desestimamos o recurso de apelación interposto por Amanda de Jesús Collazos Narváez, representada pola procuradora Sra. Cochón Castro, contra a sentenza pronunciada o 24 de outubro de 2014 polo Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra, que se confirma na súa integridade.

Non ten lugar a facer expresa imposición das custas desta alzada.

Así, por esta sentenza, xulgando definitivamente na instancia, o pronuncia, manda e asina a sala constituída polos maxistrados expostos á marxe».

Seguen as rúbricas. Certifico.

E encontrándose o devandito demandado Neptali Encizo Ramírez, en paradoiro descoñecido, e para que así conste e remítase ao Diario Oficial de Galicia, expídese este edicto co fin que sirva de notificación en forma a este.

Pontevedra, 10 de abril de 2015

A secretaria xudicial