Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 4 de novembro de 2015 Páx. 42209

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (64/2014).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 64/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua Umivale Matepss nº 15 contra Trasdega Noroeste, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, José Duarte Villar, Tesouraría Xeral da Seguridade Social sobre seguridade social, foi ditada a seguinte resolución:

«Sentenza:

A Coruña, 1 de outubro de 2015.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co número 64/2014, en que son parte neste, dun lado como demandante Mutua Umivale Matepss nº 15, representada polo letrado Lorenzo Sabell Peláez segundo consta acreditado en autos, e como demandados Trasdega Noroeste, S.L. que non comparece a pesar de ser citada en legal forma (BOP); José Duarte Villar, representado pola letrada Lourdes Castelo Sesar en virtude de poder apud acta cuxa copia consta unida ás actuacións; Tesouraría Xeral de la Seguridade Social e Instituto Nacional da Seguridade Social que comparecen ambas representadas polo letrado Ángel Fernández Quintas, sobre seguridade social, pronunciou en nome de S.M. El Rei, a seguinte sentenza.

Decido:

Que, estimando a demanda interposta pola Mutua Umivale contra os demandados INSS, TXSS, José Duarte Villar e Trasdega Noroeste, S.L., debo condenar e condeno a empresa codemandada, como responsable por infracotización, a aboar á mutua demandante 47.197,69 €, declarando a responsabilidade subsidiaria do INSS e TGSS en caso de insolvencia empresarial, con absolución de José Duarte Villar.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se debe anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, xulgando definitivamente».

E para que sirva de notificación en legal forma a Trasdega Noroeste, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 9 de outubro de 2015

A secretaria xudicial