Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 4 de novembro de 2015 Páx. 42206

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra

EDICTO (388/2009).

Patricia Raposo Fernández, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, por este edicto anuncio:

Neste procedemento seguido por instancia de Recreativos Mafari, S.L. contra Alberto Porto Tizado se ditou sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza 134/2015.

Pontevedra, 16 de setembro de 2015.

Vistos por Juan Carlos Carballal Paradela, maxistrado xuíz en comisión de servizos no Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra e o seu partido, por abstención do seu maxistrado xuíz titular, os autos de xuízo ordinario seguidos co número 388/2009, sobre resolución de contrato e reclamación de cantidade entre as partes arriba referidas, representadas e defendidas polos procuradores e letrados así mesmo sinalados, e constando como…

Parte dispositiva:

Que debo estimar e estimo integramente a demanda deducida polo procurador Sr. Sanjuán Fernández, quen actúa en nome e representación de Recreativos Mafari, S.L. contra Alberto Porto Tizado e, en consecuencia, declaro a resolución dos contratos do 24 de abril de 2007 e 18 de xullo de 2007, e condeno a Alberto Porto Tizado a pagar a Recreativos Mafari, S.L. a cantidade de vinte e oito mil novecentos noventa e tres euros con sesenta e tres céntimos de euro (28.993,63 €), xunto cos xuros sinalados no fundamento xurídico terceiro, así como a devolución a Recreativos Mafari, S.L. dunha cafeteira Bravo 2 grupos electrónica N/S 10042592, un muíño de café Capriccio Gris A N/S 10042258, un muíño gris metal 1 220 V N/S 45574, un espremedor M-1 top gris platino N/S 3388 e unha torradora de pan TP-10 N/S 200600085, e con imposición de custas á parte demandada.

Ao encontrarse o dito demandado, Alberto Porto Tizado, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 6 de outubro de 2015

A secretaria xudicial