Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 4 de novembro de 2015 Páx. 42287

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se corrixen erros do prego de prescricións técnicas para a contratación, pola Consellería de Sanidade, da subministración de reactivos, medios de cultivo e elementos accesorios necesarios para que o Laboratorio de Saúde Pública de Galicia realice as analíticas de augas, para o desenvolvemento do proxecto de solucións sustentables para pequenas subministracións de auga, subvención Life 12 ENV/ES/000557, concedida pola UE ao Concello de Abegondo e aos seus beneficiarios asociados: Augas de Galicia e Consellería de Sanidade (expediente MS-CON1-15-024).

Antecedentes:

1. O 6 de outubro de 2015 publícase no Diario Oficial de Galicia, na plataforma de contratos de Galicia e no perfil do contratante do Servizo Galego de Saúde, o prego de cláusulas administrativas particulares, formado pola folla de especificacións, con catro anexos, o prego modelo de cláusulas administrativas (SS/A2NS) e o prego de prescricións técnicas, para a contratación, pola Consellería de Sanidade, da subministración sucesiva e por prezo unitario, de reactivos, medios de cultivo e elementos accesorios necesarios para a realización das analíticas de aguas realizadas polo Laboratorio de Saúde Pública de Galicia da Consellería de Sanidade para o desenvolvemento do proxecto de solucións sustentables para pequenas subministracións de auga, subvención Life 12 ENV/ES/000557 concedida pola UE ao Concello de Abegondo e aos seus beneficiarios asociados: Augas de Galicia e a Consellería de Sanidade, con código de expediente: MS-CON1-15-024.

2. Observouse que o prego de prescricións técnicas non figura a «presentación» dun produto do lote 1 e de tres produtos do lote 4, non obstante, dita «presentación» figura nos anexos III e IV da folla de especificacións. Os produtos para os que procede completar a información non dispoñible no prego de prescricións técnicas son:

Lote 1. Reactivos para análises de bacterias coliformes e E. Coli en augas por NMP en medio líquido baseados na tecnoloxía do substrato definido por DST.

Nombre

Características técnicas

Presentación

Bandeja Collert-18

Específico para Colilert-18

Cajas de 100

Lote 4. Material funxible laboratorio.

Artículo/características técnicas

Caja de filtros de membrana estériles de ésteres de celulosa, blancas, con un tamaño de poro de 0,45 um y diámetro entre 47 y 50 mm con una parte cuadriculada. Tipo Millipore EZHAWG474.

Compatible con el dispensador de membrana de Millipore. 600 unidades/caja

Caja de embudos de filtración de plástico estériles, de un solo uso, con una precisión en la graduación de +-5 %, de 100 ml de capacidad, con certificación ISO 9001. Tipo Millipore MZHAWG101. Compatibles con rampa de filtración de Millipore. 150 unidades/caja

Cápsula de cristalización de 190 mm de diámetro y sin tapa. Presentación: 1 unidad

3. Observouse que no prego de prescricións técnicas, no lote 9, non aparece un produto que si figura nos anexos III e IV da folla de especificacións, polo que procede completar a información non dispoñible para o dito lote:

Lote 9. Patróns analíticos e materiais de referencia.

Metales pesados

Solución patrón de Germanio de 1.000 mg/l calidad ICP trazabilidad NIST. Envase de 100 ml

4. Observouse un erro material ou de feito que procede rectificar no prego de prescricións técnicas, relativo á «presentación» dos produtos do lote 7, cuxa información é contraditoria co establecido nos anexos III e IV da folla de especificacións, de maneira que, no prego de prescricións técnicas.

Onde di:

Lote 7. Reactivos generales laboratorio.

Artículo/características técnicas

Presentación

Ácido metasulfónico 70 % calidad PA

Envase de 250 ml

Carbonato de sodio anhidro, calidad suprapur

Envases de 100 g

Debe dicir:

Lote 7. Reactivos xerais laboratorio.

Artículo/características técnicas

Presentación

Ácido metasulfónico 70 % calidad PA

Envase de 500 ml

Carbonato de sodio anhidro, calidad suprapur

Envases de 500 g

5. Observouse un erro material ou de feito que procede rectificar no prego de prescricións técnicas, que afecta tanto a descrición como a presentación de todos os produtos do lote 10, cuxa información é diferente á que figura nos anexos III e IV da folla de especificacións, de maneira que, no prego de prescricións técnicas.

Onde di:

Lote 10. Columnas de cromatografía iónica.

Nombre reactivo

Presentación

Columna separadora de aniones IonPac AS9-HC de 4x250 mm

Envase de 500 g

Columna protectora de aniones IonPac AG9-HC

Envase de 500 g

Columna separadora para cationes IonPac CS16 de 5x250 mm

Envase de 500 g

Columna protectora para cationes IonPac GG16 de 5x50 mm

Envase de 500 g

Debe dicir:

Lote 10. Columnas de cromatografía iónica.

Nombre reactivo

Presentación

Columna separadora de aniones IonPac AS9-HC de 4x250 mm (compatible con el equipo ICS-Mil-Dionex)

1 unidad

Columna autosupresora para aniones ASRS 300 (compatible con equipo ICS-Mil-Dionex)

1 unidad

Columna separadora para cationes IonPac CS16 de 5x250 mm (compatible con equipo ICS-Mil-Dionex)

1 unidad

Columna autosupresora para cationes CSRS 300 (compatible con equipo ICS-Mil-dionex)

1 unidad

Fundamentos de dereito:

1. A directora xeral de Recursos Económicos do Servizo é competente para asinar esta resolución de acordo coas facultades que ten atribuídas por delegación de acordo co Decreto 41/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Sanidade (DOG núm. 46, do 6 de marzo) e a Orde do 15 de xuño de 2009, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade (DOG núm. 119, do 19 de xuño) modificada pola Orde do 3 de xullo de 2009.

2. A rectificación que procede efectuar obedece a un erro fáctico, claro e evidente, non envolve apreciacións de concepto, non require operacións de cualificación xurídica nin xuízos valorativos e infírese da documentación que consta no expediente, configurándose como unha simple operación material e non xurídica á cal resulta de aplicación o artigo 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

3. Segundo o disposto no artigo 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as administracións públicas poden rectificar, en calquera momento, de oficio ou por instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos.

De acordo con todo o anterior,

RESOLVO:

1. Rectificar os erros materiais detectados no prego de prescricións técnicas para a contratación pola Consellería de Sanidade, da subministración sucesiva e por prezo unitario de reactivos, medios de cultivo e elementos accesorios necesarios para a realización das analíticas de augas realizadas polo Laboratorio de Saúde Pública de Galicia da Consellería de Sanidade para o desenvolvemento do proxecto de solucións sustentables para pequenas subministracións de auga, subvención Life 12 ENV/ES/000557 concedida pola UE ao Concello de Abegondo e aos seus beneficiarios asociados: Augas de Galicia e a Consellería de Sanidade (MS-CON1-15-024), no sentido expresado nos antecedentes 2, 3, 4 e 5 desta resolución.

2. Ampliar o prazo de presentación de ofertas ata o 2 de novembro de 2015 e publicar esta resolución no perfil do contratante, así como naqueles diarios oficiais en que se publicou o anuncio de licitación.

3. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante a directora xeral de Recursos Económicos, no prazo dun (1) mes a partir do día seguinte a aquel en que reciba a presente notificación, de acordo co previsto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4. No caso de que non se opte polo indicado nos parágrafos anteriores, cabe interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, segundo o disposto no artigo 8 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte a aquel en que se reciba esta notificación, en conformidade co artigo 46 da referida Lei 29/1998.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos