Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 4 de novembro de 2015 Páx. 42283

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se corrixen erros do prego de prescricións técnicas para a contratación, pola Consellería de Sanidade, da subministración sucesiva de reactivos para realizar ensaios microbiolóxicos e fisicoquímicos de mostras de augas de consumo no Laboratorio de Saúde Pública de Galicia (expediente MS-CON1-15-025).

Antecedentes.

1. O 6 de outubro de 2015 publícase no Diario Oficial de Galicia, na plataforma de contratos de Galicia e no perfil do contratante do Servizo Galego de Saúde, o prego de cláusulas administrativas particulares, formado pola folla de especificacións, con catro anexos, o prego modelo de cláusulas administrativas (SS/A2NS) e o prego de prescricións técnicas, para a contratación, pola Consellería de Sanidade, da subministración sucesiva e por prezo unitario de reactivos para a realización de ensaios microbiolóxicos e fisicoquímicos de mostras de aguas de consumo no Laboratorio de Saúde Pública de Galicia, con código de expediente: MS-CON1-15-025.

2. Observouse un erro material ou de feito que procede rectificar no prego de prescricións técnicas, relativo á «presentación» de dous produtos do lote 3, cuxa información é contraditoria co establecido nos anexos III e IV da folla de especificacións, de maneira que, no prego de prescricións técnicas,

Onde di:

Lote 3. Reactivos generales laboratorio.

Artículo/características técnicas

Presentación

Ácido metasulfónico 70 % calidad PA

Envase de 250 ml

Carbonato de sodio anhidro, calidad suprapur

Envases de 100 g

Debe dicir:

Lote 3. Reactivos generales laboratorio.

Artículo/características técnicas

Presentación

Acido metasulfonico 70 % calidad PA

Envase de 500 ml

Carbonato de sodio anhidro, calidad suprapur

Envases de 500 g

3. Observouse un erro material ou de feito que procede rectificar no prego de prescricións técnicas, que afecta tanto a descrición como a presentación de todos os produtos do lote 6, cuxa información é diferente á que figura nos anexos III e IV da folla de especificacións, de maneira que, no prego de prescricións técnicas:

Onde di:

Lote 6. Columnas de cromatografía iónica.

Nombre reactivo

Presentación

Columna separadora de aniones IonPac AS9-HC de 4×250mm

Envase de 500 g

Columna protectora de aniones IonPac AG9-HC

Envase de 500 g

Columna separadora para cationes IonPac CS16 de 5×250mm

Envase de 500 g

Columna protectora para cationes IonPac GG16 de 5×50mm

Envase de 500 g

Debe dicir:

Lote 6. Columnas de cromatografía iónica.

Nombre reactivo

Presentación

Columnas separadora de aniones IonPac AS9-HC de 4×250mm (compatible con el equipo ICS-Mil-Dionex)

1 unidad

Columna autosupresora de aniones ASR300 (compatible con el equipo ICS-Mil-Dionex)

1 unidad

Columna separadora de cationes CS16 de 5×250 mm (compatible con el equipo ICS-Mil-Dionex)

1 unidad

Columna autosupresora de cationes CSR300 (compatible con el equipo ICS-Mil-Dionex)

1 unidad

Fundamentos de dereito.

1. A directora xeral de Recursos Económicos do Servizo é competente para asinar esta resolución de acordo coas facultades que ten atribuídas por delegación, de acordo co Decreto 41/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece la estrutura orgánica da Consellería de Sanidade (DOG nº 46, do 6 de marzo) e a Orde do 15 de xuño de 2009, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade (DOG nº 119, do 19 de xuño) modificada pola Orde do 3 de xullo de 2009.

2. A rectificación que procede efectuar obedece a un erro fáctico, claro e evidente, non envolve apreciacións de concepto, non require operacións de cualificación xurídica nin xuízos valorativos e infírese da documentación que consta no expediente, configurándose como unha simple operación material e non xurídica á cal resulta de aplicación o artigo 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

3. Segundo o disposto no artigo 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as administracións públicas poden rectificar, en calquera momento, de oficio ou por instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos.

De acordo con todo o anterior,

RESOLVO:

1. Rectificar os erros materiais detectados no prego de prescricións técnicas para a contratación pola Consellería de Sanidade, da subministración sucesiva e por prezo unitario de reactivos para a realización de ensaios microbiolóxicos e fisicoquímicos de mostras de augas de consumo no Laboratorio de Saúde Pública de Galicia (expediente MS-CON1-15-025), no sentido expresado nos antecedentes 2 e 3 desta resolución.

2. Ampliar o prazo de presentación de ofertas ata o 2 de novembro de 2015 e publicar esta resolución no perfil do contratante, así como naqueles diarios oficiais en que se publicou o anuncio de licitación.

3. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante a directora xeral de Recursos Económicos, no prazo dun (1) mes a partir do día seguinte a aquel en que reciba a presente notificación, de acordo co previsto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4. No caso de que non se opte polo indicado nos parágrafos anteriores, cabe interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, segundo o disposto no artigo 8 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte a aquel en que se reciba esta notificación, de conformidade co artigo 46 da referida Lei 29/1998.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos