Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Mércores, 4 de novembro de 2015 Páx. 42292

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oroso

ANUNCIO de licitación de servizos de orquestras e espectáculos artísticos das festas no ano 2016 (expediente 2015/068).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención de información:

a) Organismo: Concello de Oroso.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

i. Dependencia: Secretaría.

ii. Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

iii. Localidade e código postal: Oroso, 15888.

iv. Teléfono: 981 69 14 78.

v. Telefax: 981 69 17 86.

vi. Correo electrónico: ana.linares@oroso.dicoruna.es

vii. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.concellooroso.com

viii. Data límite de obtención de documentación e información: ata 2 días naturais antes da finalización do prazo para a presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 2015/068.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: privado de servizos.

b) Descrición: servizos de orquestras e espectáculos artísticos das festas do concello de Oroso no ano 2016, dividido en dous lotes:

Lote 1: festa da Xuventude.

Lote 2: festa da Troita.

c) Lugar de execución/entrega: concello de Oroso.

d) Prazo de execución e prórroga: ver artigo 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto con pluralidade de criterios de adxudicación.

c) Criterios de adxudicación: ver artigo 12 do prego.

4. Orzamento base de licitación:

a) Lote 1: festa da Xuventude. Importe neto: 9.500 euros. IVE (21 %): 1.995 euros. Importe total: 11.495 euros.

b) Lote 2: festa da Troita. Importe neto: 32.000 euros. IVE (21 %): 6.720 euros. Importe total: 38.720 euros.

5. Garantías exixidas. Definitiva: (5 %) do importe de adxudicación.

6. Valor estimado: 41.500 euros.

7. Requisitos específicos do contratista: véxanse as cláusulas 3 e 4 do prego.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 10 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP, no perfil do contratante ou no DOG.

b) Modalidade de presentación: presencial ou por correo.

c) Lugar de presentación:

i. Dependencia: Rexistro Xeral do Concello.

ii. Domicilio: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

iii. Localidade e código postal: Oroso, 15888.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: praza de Isaac Díaz Pardo, 1.

b) Localidade e código postal: Oroso, 15888.

10. Gastos de publicidade: os gastos que xeren os anuncios, cun máximo de 1.000 euros.

Oroso, 27 de outubro de 2015

Manuel Mirás Franqueira
Alcalde