Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 3 de novembro de 2015 Páx. 42090

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (5183/2014).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 5183/2014

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 370/2013 Xulgado do Social número 1 de Pontevedra

Recorrente: Santiago Arias Souto

Graduada social: Daría Montenegro Ojea

Recorridos: Mármoles y Granitos Arturo Iglesias Pena, S.L., Juan José Iglesias Andrade

María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de Xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5183/2014, seguido por instancia de Santiago Arias Souto contra Mármoles y Granitos Arturo Iglesias Pena, S.L., Juan José Iglesias Andrade, sobre reclamación cantidade, foi ditada a seguinte resolución:

«Desestimando o recurso de suplicación articulado por Santiago Arias Souto contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Pontevedra, do 10.7.2014, nos autos nº 370/2013, instados polo aquí recorrente contra a empresa Mármoles y Granitos Arturo Iglesias Pena, S.L. e Juan José Iglesias Andrade, confirmamos a resolución de instancia.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do prazo improrrogable de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Juan José Iglesias Andrade, actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido en r/ Cartagena, 1, Silleda, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias do xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 8 de outubro de 2015

Letrada da Administración de xustiza