Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 3 de novembro de 2015 Páx. 42092

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3125/2014).

M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 3125/2014 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social contra Instituto Social da Mariña, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Manuel Gómez Vilas, Antonio Figueira Davila (comunidade hereditaria), Joaquín Martínez González, Naviera Marítima de Arosa, S.A., Grupo Pérez, Naviera Charcategui Arrinda, sobre xubilación, se ditou a seguinte resolución:

Resolvemos:

Que estimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual do Instituto Nacional da Seguridade Social, contra a sentenza do 18.3.2014, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Pontevedra, en autos 207/2012, revogamos a sentenza impugnada e, con desestimación da demanda reitora, absolvemos a demandada de todos os pedimentos contidos naquela.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que así conste para os efectos de publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Antonio Figueira Davila (comunidade hereditaria), Joaquín Martínez González, Naviera Marítima de Arosa, S.A., Grupo Pérez, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados, salvo as que sexan auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de outubro de 2015