Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 3 de novembro de 2015 Páx. 42094

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1475/2014).

M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso de suplicación 1475/2014 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra Picos de la Muralla, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo y José Moraña Argibay, sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos

Que estimando o recurso de suplicación interposto polo Instituto Nacional da Seguridade Social contra a sentenza do Xulgado do Social número 4 de Vigo, con data do 13 de novembro de 2013, en autos 736/2012, debemos revogar e revogamos a dita resolución e desestimando a demanda interposta por Mutua Gallega, mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social número 201, absolvemos os demandados das pretensións da demanda.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

A Coruña, 9 de outubro de 2015