Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 3 de novembro de 2015 Páx. 42096

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (249/2013).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 249/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Daniel Varela Corral contra Grupo Empresarial Lomba, S.L., Fondo de Garantía Salarial, administrador concursal de Grupo Empresarial Lomba, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza.

A Coruña, 1 de xullo de 2015.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, una vez vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 249/2013, en que foron parte, dun lado, como demandante, Daniel Varela Corral, quen comparece con DNI 79330642-P, representado polo letrado Secundino García Uzal, mediante poder apud acta que consta en autos e, como demandados, Grupo Empresarial Lomba, S.L., Fondo de Garantía Salarial e administrador concursal de Grupo Empresarial Lomba, S.L., con CIF B15652092, Q2819014H, pronunciou, en nome do rei, a seguinte sentenza,

Resolución.

Que, estimando a demanda interposta polo demandante Daniel Varela Corral, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Grupo Empresarial Lomba, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 2.457,55 euros polos conceptos reclamados en demanda, máis os xuros legais correspondentes.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Grupo Empresarial Lomba, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 9 de outubro de 2015

A secretaria xudicial