Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 3 de novembro de 2015 Páx. 42126

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica nos concellos de Mesía e Cesuras (expediente IN407A 2015/164-1).

Número expediente: IN407A 2015/164-1.

Solicitante: Udesa, S.A.

Denominación: reforma de liñas LMT Lanzá-Albixoi e LMT Visantoña-Loureda.

Concello: Mesía e Cesuras.

Características técnicas:

Reforma da actual LMT Lanzá-Albixoi, entre os seus apoios AP11/1 e AP11/7, e a LMT Visantoña-Loureda, entre os seus apoios 7 (derivada a CT A Carracheira) e o apoio 1.

A reforma que se proxecta para as liñas de media tensión existentes consiste na substitución do actual condutor LA-30 polo condutor de aluminio reforzado con aceiro designado como CCX 55-AL3 20 kV, sen modificación no trazado da actual liña de alta tensión.

Lexislación de aplicación:

Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construcción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figuran no anexo que se xunta a esta resolución.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Esta publicación faise igualmente para os efectos do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos terreos propostos sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar, e desta maneira dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan sobre estes, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 29 de setembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: IN407A 2015/164-1.

Solicitante: Udesa, S.A.

Denominación: reforma de liñas LMT Lanzá-Albixoi e LMT Visantoña-Loureda.

Concellos: Mesía e Cesuras.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

Nº predio

Cultivo e lugar

Catastro

Titulares

Afección solo

Afeccións voo

Pol.

Par.

Nº apoio

Sup.

Lonx. (m)

m2

LMT Lanza-Albixoi

1

Monte alto

Leira Longa

505

437

Hros. de Manuel García Barreiro

11/1-11/5

9

341

678,0

LMT Visantoña-Loureda

2

Monte alto

Aguillón

506

92

Hros. de María Pardo Naveira

0

31

155,0

3

Monte alto

Aguillón

506

93

Hros. de Manuel Pardo Naveira

2-3

1,62

173

321,0

4

Monte alto

Aguillón

506

94

Hros. de Francisco Pardo Naveira

0

0

15,0

5

Monte alto

Quenlla

506

133

Hros. de Francisco Pardo Naveira

4

0,81

28

49,0

6

Monte alto

Quenlla

506

134

Hros. de Juan Pardo Naveira

0

68

136,0