Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:
Solicitante: ADIF-Subdirección de Operaciones Noroeste.
Domicilio social: r/ Gómez Salazar, s/n, edf. C .R.C. -ADIF, 24000 León.
Denominación: LMT, CM e CT túnel Redondela-AVE do Eixe Atlántico.
Situación: Redondela.
Características técnicas: LMT aérea a 15 kV con condutor LA-56 de 24 metros de lonxitude, con orixe no apoio 47 da LMTA RED709, tramo 0357, de Unión Fenosa Distribución, S.A. e final no apoio proxectado paso aéreo-subterráneo (PAS). LMT subterránea a 15 kV con condutor RHZ1 en dous tramos: o primeiro, de 266 metros, desde o PAS ata o centro de medida e o segundo, de 1.565 metros, desde este ata o centro de transformación. Centro de medida con tres celas (remonte, protección e medida) situado nas proximidades da boca norte do túnel. Centro de transformación de 630 kVA, RT 15 kV/400-230 V, situado no interior do túnel de Redondela. As instalacións están situadas en Soutoxuste, Redondela.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, do título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014 pola que aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014, esta xefatura territorial resolve:
Conceder autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independientemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.
O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 12 meses a partir da recepción da presente resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.
Pontevedra, 15 de outubro de 2015
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra