Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Venres, 30 de outubro de 2015 Páx. 42000

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (283/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que, no procedemento de execución de títulos non xudicial número 283/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Guadalupe Moar Míguez contra a empresa Wimaxgal, S.L. sobre reclamación de cantidade, se ditou decreto en data decreto cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do decreto:

«Decreto.

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2015.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Guadalupe Moar Míguez presentou demanda de execución fronte a WIimaxgal, S.L.

Segundo. Se ditou auto despachando execución con data do 1 de decembro de 2014 por un total de por importe 10.428,59 euros en concepto de principal, máis outros 1.042,86 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros, gastos e custas.

Terceiro. Das actuacións practicadas obtívose a cantidade de 1.753,29 euros, despois de reducirse o principal reclamado á suma 8.675,30 euros de principal e 1.042,86 euros que provisionalmente se orzamentan para xuros, gastos e custas. Deuse audiencia ao Fondo de Garantía Salarial tras o resultado negativo do resto de indagacións realizadas.

Fundamentos de dereito.

Único. Dispoñen os artigos 250 e 276 da LXS que de non se ter coñecemento da existencia de bens abondo do executado nos que facer traba e embargo, practicaranse as indagacións procedentes e de ser infrutuosas, total ou parcialmente, a secretaria xudicial da execución ditará decreto de insolvencia tras oír o Fondo de Garantía Salarial e a parte demandante.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación, parte dispositiva,

Acordo:

a) Declarar a executada Wimaxgal, S.L. en situación de insolvencia parcial por importe de 8.675,30 euros de principal e 1.042,86 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reaperturar a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Lévese o orixinal ao libro de decretos, deixando testemuño nas presentes actuacións.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta en Banco Santander, conta número 5076 0000 64 0283 14. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274, e no campo «concepto» deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0283 14. Se efectuase diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A secretaria xudicial»

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Wimxgal, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2015

A secretaria xudicial